benvid@s

Benvid@s á aventura virtual de todos os serrador@s do país.
Benvidos ao lugar onde os vosos bailes, aturuxos a destempo e brincos terán cabida.

Arrimádevos e serrade con nós o soño do directo. Xuntos imos encher de viruta emocional as serras de Galiza enteira. Despois de dez anos de música tabernaria imos gravar, por fin, cun só obxectivo: facer festa! Avante o turreiro! Troula e Foula!

Axúdanos a liberar o son da serra!
Todos somos o Komando Katania!

participa

Apúntate ao KOMANDO KATANIA , colle a túa serra de bancada,motoserra, eléctrica ou circular coma arma sonora e ven con nós a gravalo ao vivo. +info

calendario

contratación

abada xestión cultural S.L.
Santiago de Compostela
www.abada.es :: info@abada.es

 

 

 

serra

 


 

 

ktitulo

O KOMANDO KATANIA  é un grupo armado de apoio aos serradores. Cargado de serruchos, leva anos reclutando gaiteir@s nos furanchos e baiucas do país, coa intención de darlle  saida a esa chea de cabezas quentes,de mentes creativas cara o mundo da viruta sonora.
Trátase de liberar as melodías destes carpinteiros dos furados de buxo,serradores en potencia,para que nos fagan a festa pola cara.
Esta tropa vai poñer a súa maquinaria neuronal ao noso servizo, para acadar a liberación de  tódalas serras do país. Dende a Canda ao Padornelo,facer desta festa un mar de virutas.

Apúntate ao KOMANDO KATANIA [komando@serralhe.com] colle a túa serra de bancada,motoserra, eléctrica ou circular coma arma sonora e ven con nós a gravalo ao vivo.

Axúdanos a liberar o son da serra!

Todos somos o KOMANDO KATANIA!!!

ckk

Aquí podes atopar as letras das pezas que o coros do KOMANDO KATANIA tedes que ir aprendedo para cantar con nós.

adv

Sendo conscientes da relación da música tradicional coa industria discográfica  planetaria, e despois de rexeitar suculentas ofertas de multinacionais que querían que tocáramos acordeóns con tres foles, os  Serra-lhe aí!!! pensamos o seguinte:

  • Por qué non tentar facer un un camiño comunitario na edición do traballo discográfico?
  • Por qué non entrar no libro dos Guiness facendo a cooperativa musical máis grande do mundo?

Así é amigas e amigos, imos editar esta festa nun CD/DVD coa participación accionarial dos presentes na xornada de exaltación da viruta. A carpintería de ribeira de Burela, o 29 de decembro, será o lugar para facerse accionista. [seguiremos informando]

Ven á festa, serra, tómalle algo e ainda por riba leva o teu careto e a túa voz  para a casa. Contigo faremos realidade o vello soño internacionalista:
 
FESTEIROS DO MUNDO, UNÍDEVOS!!!


 

 

contador | ©2007 Serra-lhe aí!!! | cousas@serralheai.com