|
|||||||||||
Benvid@s á aventura virtual de todos os serrador@s do país. Arrimádevos e serrade con nós o soño do directo. Xuntos imos encher de viruta emocional as serras de Galiza enteira. Despois de dez anos de música tabernaria imos gravar, por fin, cun só obxectivo: Facer festa! Avante o turreiro! Troula e Foula! Axúdanos a liberar o son da serra!
Apúntate ao KOMANDO KATANIA , colle a túa serra de bancada,motoserra, eléctrica ou circular coma arma sonora e ven con nós a gravalo ao vivo. +info. abada xestión cultural S.L.
|
Serra-lhe aí!!! Dende os comezos do proxecto, son moitos os amigos que quixeron acompañarnos no directo, esto fai que cada concerto sexa diferente. Nas actuacións que o grupo ofreceu por toda a xeografía galega, non houbo persoa que quedase indiferente. Isto fai que nos re-atopemos, unha vez tras outra, sempre con novas sensacións e sorpresas. Música tabernaria de unión, de directo e de transgresión acordeonística. Nesta nova etapa as sorpresas musicais están garantidas, veñen polo vento e o lume dos convidados. Obxectivo: facer festa!!! A viaxe que propón Serra-lhe aí!!! nos seus concertos ten como base a música tradicional, sempre dende a perspectiva propia do grupo, que imprime nas cancións de sempre un caracter festivo e unha interpretación diferente baseada na contundencia e nas inmensas posibilidades que proporcionan dous acordeóns soando compasadamente. Sen deixar de lado a tradición serra-lhe aí!!! engade unha extensa representación de composicións contemporáneas. Algúns dos referentes gaitísticos máis importantes en Galiza como, Iván Costa, Edelmiro Fernández, Dani Bellón o Andrés Toxeiro, confían as súas composicións máis arriscadas, poñéndoas a mercede da creatividade do grupo, dando como resultado unha proposta que condensa o mellor da música tradicional "made in Galiza". Nos directos de Serra-lhe aí!!! flúe a comunicación entre o grupo e o público, e este é participe hasta o punto de subir ao escenario. Os concertos son sorprendentes, divertidos e sobre todo participativos, ben sexa cantando, tocando a pandeireta ou bailando. A partir do momento no que se pide a participación do público xa non hai marcha atras, e ata o imperturbable da última fila contáxiase co implacable ritmo de Serra-lhe aí!!!
|
|