benvid@s

Benvid@s á aventura virtual de todos os serrador@s do país.
Benvidos ao lugar onde os vosos bailes, aturuxos a destempo e brincos terán cabida.

Arrimádevos e serrade con nós o soño do directo. Xuntos imos encher de viruta emocional as serras de Galiza enteira. Despois de dez anos de música tabernaria imos gravar, por fin, cun só obxectivo: facer festa! Avante o turreiro! Troula e Foula!

Axúdanos a liberar o son da serra!
Todos somos o Komando Katania!

participa

Apúntate ao KOMANDO KATANIA , colle a túa serra de bancada,motoserra, eléctrica ou circular coma arma sonora e ven con nós a gravalo ao vivo. +info

calendario

contratación

abada xestión cultural S.L.
Santiago de Compostela
www.abada.es :: info@abada.es

 

 

serra

 


 

 

ardefoles

Ese é o nome do proxecto sonoro-visual que se vai gravar ao vivo o 29 de decembro de 2007 ás 22:00h.
O aserradero estará afincado en Burela, na Mariña luguesa, con unha carpa acondicionada para que non pasemos nin frío, nin fame, nin sede e por suposto na que non falten as virutas sonoras.
Entre Lugo e Ferrol naceu este proxecto acordeonístico que dende os seus comezos contou coa participación de moitos músicos, e a pesar deso, ainda amigos.
A idea de Serra-lhe aí!!! neste gran espectáculo é a de sumar serradores/as ao concerto. Facer partícipe ao público para que participe como un gran coro e ao mesmo tempo, convidar a todas e todos os bailaríns do país para facer un gran torreiro.
En definitiva, tentar facer humildemente entre todos, unha nova era tabernaria.

Ar de foles quere ser unha homenaxe aos camiños do vento. A todas e a todos eses artistas que durante séculos levan mantendo viva a esencia da música tabernaria. O fol das gaitas e dos acordeóns terá o mesmo ar, o vento mareiro do norte. Será pois un directo moi especial, onde as novas fornadas de mestres/as gaiteiros/as estarán gatillando toda a noite xunto aos Serra-lhe aí!!!.
A tradición desta terra, unha vez máis, conta con vós para ese día.
Para dar vida colectiva a esta gravación estarán con nós:

CARLOS BLANCO_presentando
VENTOS VICIOSOS_Os Painos, O Vendaval do Rosal e Mr. Vidueiros
GUADI_Voz, Gaita
IVÁN COSTA_Gaita e Zanfona
EDELMIRO_Gaita)
MIGUEL DE TENORIO_Gaita
RAQUEL DOMÍNGUEZ_Gaita
RODRIGO ZARAMBEQUES_Gaita
ARTURO LAMAS_Gaita
ANDRÉS TOXEIRO_Gaita
FERNANDO DOPICO_Gaita
PABLO BERNÁRDEZ_Zanfona
OS ROSALES_Maruxa e Xosé / Bombo e Gaita
MUDITO_Pandeireta
BETO NIEBLA_Percusión
ELISEO ZAERA_Bombo
MANOLO COCIÑA_Acordeón
LUÍS CARUNCHO E CARLOS DO VISO _Voces
OS CARALLOS_Percusións, Voces e Licor Café
ESTOUPACALDEIROS_Cumbia e Glucosa
SERRA-LHE AÍ!!!

 

contador | ©2007 Serra-lhe aí!!! | cousas@serralheai.com